A obsesión que o groso das elites sociais, políticas e culturais amosan dende hai máis dunha década polo suposto «inverno demográfico» que asola Galicia, coincide no tempo co inicio da quinta vaga emigratoria que sacode o país ao longo da súa historia. É a primeira da democracia, pasados trinta anos da ocorrida en 1950-1975, despois do gasto de cuantiosas axudas europeas destinadas dende 1986 a crear emprego, e afecta xa a máis de 380.000 mozos e mozas, un de cada dous con estudos medios ou superiores. A resposta das autoridades galegas a esta importante perda de capital humano e do seu potencial demográfico consistiu na difusión social do natalismo. Unha ideoloxía caracterizada por agochar a emigración e culpar os vellos e as mulleres da pronta «morte de Galicia». Fronte a isto, este libro é un exercicio de «historia crítica» que contrasta o pasado e o presente, o que foi e o que se nos di que é, e será, Galicia. O resultado amosa a enorme capacidade que a vellez e a emigración supuxeron para vertebrar a nosa historia, e xa que logo, para configurar o presente que estamos a vivir. Un presente que, coma o noso futuro, nada ten que ver con esa «morte de Galicia» predicada polos partidarios do natalismo.

Formato
EPUB
Protección
DRM Free
Fecha de publicación
10 de octubre de 2019
Editor
Colección
Número de páginas
400
Idioma
Gallego
ePub ISBN
9788491216018
ISBN papel
9788491215905
Tamaño del archivo
8 MB
EPUB
EPUB accesibilidad
El editor no ha proporcionado información sobre accesibilidad.
suscribir

Sobre nosotros

Sobre De Marque Trabajos Contacta con nosotros Condiciones generales de utilización Política de privacidad Feedbooks.com is operated by the Diffusion Champlain SASU company