Dúas bágoas por Máquina

by Fina Casalderrey (Author), Víctor Rivas (Illustrator)
Buy for €6.99 Read excerpt online Download excerpt

Xusta é unha nena que tiña un can chamado Máquina. Un bo día desaparece o can e pasan varios días sen que apareza. Xusta e o seu irmán Moncho arman un plano para ilo buscar, de xeito que non van á escola -un colexio nunha vila ó que van en autobús- e non conseguen dar con Máquina, aínda que si se monta un rebumbio impresionante no colexio, na súa familia e na aldea. O caso é que o can, que llo regalara seu pai nun aniversario, non era moi apreciado polo resto da familia e o propio pai, que quedara no paro, acabou por abandonalo nunha estrada. Ignorante durante moito tempo desta situación, Xusta segue devecendo polo seu can, sen saber que fora del. Dende que llo regalaran, unicamente o seu avó (xa morto) e mais ela apreciaban o can. A avoa, pola contra, tíñalle unha especial animadversión. Unha vez que descobre o abandono do can polo seu pai, este, arrepentido, trata de recuperalo e van ó sitio onde o deixara, pero non dan con el. Un bo día, cando Xusta ía pilla-lo autobús, logo de escoitar comentarios no colexio dun can que vagabundeaba había dous días por alí, aparece Máquina correndo cara a ela. Como remate, o can salva á avoa de ser atropelada por un coche pero morre na súa valente acción. Pasado o tempo, Xusta farase veterinaria e, na súa consulta, encol da mesa ten sempre unha foto de Máquina. Ningún can, dos moitos que tivo, chegou a ocupa-lo sitio de Máquina no seu corazón.

Format
EPUB
Protection
DRM Protected
Publication date
June 24, 2014
Publisher
Collection
Page count
120
Language
Galician
EPUB ISBN
9788499147284
Paper ISBN
9788483025659
File size
4 MB
EPUB
EPUB accessibility
The publisher has not provided information about accessibility.
subscribe

About Us

About De Marque Work @ De Marque Contact Us Terms of use Privacy Policy Feedbooks.com is operated by the Diffusion Champlain SASU company